IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Club de lectura de FP

O pasado martes tivemos a segunda reunión do noso Club de Lectura de FP, onde comentamos a obra Fundación de Isaac Asimov. 

A trama, ambientada nun futuro afastado, fálanos da caída inevitable dun gran imperio galáctico e do plan de Hari Seldon, baseado na psicohistoria, para crear unha “Fundación” que garanta o renacemento dunha nova civilización. A través deste relato, debatemos sobre temas profundos como a política, a influencia da relixión como ferramenta de control e manipulación, e o eterno dilema entre o libre albedrío e o determinismo. ¿Está a humanidade condenada a seguir patróns predeterminados ou temos o poder de cambiar o noso destino? 

Ademais, nesta reunión tamén celebramos o 23 aniversario de Anxo, o que fixo o día aínda máis especial! 

Pasámolo en grande, compartindo risas, ideas e, como non, moitas ganas de seguir descubrindo o universo de Asimov e rematar a triloxía.

A próxima reunión será o martes 18 de febreiro, onde nos achegaremos a un cambio de rexistro: leremos Persépolis de Marjane Satrapi, unha obra que de seguro nos dará moito para debater e compartir.

Animamos a todo o alumnado de FP a unirse ao noso club de lectura, onde non só lemos, senón que tamén facemos comunidade, compartimos e aprendemos xuntos. ¡Esperámosvos!

#ClubDeLecturaFP #IESFreiMartínSarmiento #Fundación #IsaacAsimov #CienciaFicciónSoft #Persépolis #MarjaneSatrapi #23castañas

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email