Coa gala dos Premios Feroz este sábado 25 de xaneiro culminan uns meses nos que Pontevedra respirou cine polos catro costados. Foron perto de 30 encontros entre actores e creadores do mundo audiovisual e o público da cidade. A través da iniciativa OUVEO FEROZ, alumnas de 1º de Bacharelato de Artes tiveron a oportunidade de entrevistar aos protagonistas destes encontros. Tras unha formación previa sobre a entrevista radiofónica a cargo de Eva Mejuto, Ágatha, Xiana e Laura entrevistaron a Alberto Vázquez creador da película de animación “Unicors Wars”, mentres que Miriam e Alba entrevistaron a Javier Giner, creador da serie “Yo, adicto”. Logo contaron a súa experiencia en Radio Pontevedra e, como non, disfrutaron da gala en streaming. Podedes ver os vídeos podcast completos nos links:






