IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Obradoiro de Pedro Feijoo

O pasado mércores 29 a nosa biblioteca actúo como espazo acolledor de talentos e emocións. Na última sesión do obradoiro de Pedro Feijoo, o alumnado tivo ocasión de amosar algunhas das súas creacións ao autor vigués. 

A experiencia resultou moi enriquecedora tanto para a rapazada, que o viviu como unha oportunidade de expresárense e reflexionar sobre a importancia da arte para a nosa saúde emocional, como para o propio autor que marchou do noso centro sorprendido, agradecido e emocionado por descubrir tanto talento.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email