O noso instituto amosará os seus logros noutras Comunidades Autónomas

O IES Frei Martín Sarmiento está entre os oito centros elixidos en toda Galicia polas súas boas prácticas para amosar o seu método e os seus logros noutras Comunidades Autónomas, dentro do programa de innovación educativa ‘Observa_Acción’, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Nesta edición do programa de innovación educativa ‘Observa_Acción’, participarán 40 […]

Convocatoria solicitudes Erasmus + para mobilidades curso 2018/2019.

Está aberta a convocatoria para solicitar bolsas Erasmus+ para facer a FCT ou prácticas como recén titulados no estranxeiro, durante o presente curso. Queres facer a FCT fóra? Ou facer prácticas como alumno xa titulado noutro país europeo? Programa Erasmus+ para Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior Con quen debes contactar? Coord. Progr. Internacionais: […]

Frei Martín Sarmiento, berce de escritor@s, impulsor da competencia lingüística

O xoves 29 de novembro recibimos a nova do 1º premio de Laura García Méndez (1º de bacharelato de ciencias) no Concurso de microrrelatos de Halloween organizado pola editorial Oxford; neste mesmo concurso quedou finalista Nee Barros, recente gañador do II Concurso de relatos contra a violencia de xénero. Levamos máis dun lustro obtendo premios […]

Premio Concurso contra a Violencia de Xénero

Hoxe estamos de noraboa: parabéns ao noso alumno Nee, de 1º de Bacharelato de Artes,  polo 1º premio no II Concurso contra a Violencia de Xénero convocado pola Subdelegación do Goberno. Esta é a segunda vez que o IES Frei Martín Sarmiento obtén un premio neste concurso, mérito que hai que darlle tamén, entre outros, […]

Responsabilidade social nos contidos educativos

Oito institutos galegos, entre eles o noso, están a participar na segunda edición do programa Xeración Responsable, unha iniciativa das consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Educación, Universidade e Formación Profesional coa que se busca difundir os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable impulsados por Nacións Unidas para alcanzar no ano 2030 un mundo máis […]

Fillos/as perfectos/as ou felices. Consecuencias da hipermaternidade/paternidade

O Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha conferencia de 2 horas “Fillos/as perfectos/as ou felices. Consecuencias da hipermaternidade/paternidade”, que será impartida pola xornalista e blogueira Eva Millet Malagarriga. Esta formación desenvolverase no Pazo da Cultura de Pontevedra, con entrada libre ata completar aforo, o […]

TokApp School

[:gl]O Centro Educativo I.E.S Frei Martín Sarmiento desexa comunicar ás familias e alumnos/as que enviaremos a información que precisen (avisos, notificacións, etc) a través desta aplicación. Preme no enlace para descargar a aplicación: https://www.tokappschool.com/[:en]I.E.S Frei Martín Sarmiento wishes to inform families and students that we will send the information they need (notices, notifications, etc.) through […]