IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Frei Martín Sarmiento, berce de escritor@s, impulsor da competencia lingüística

O xoves 29 de novembro recibimos a nova do 1º premio de Laura García Méndez (1º de bacharelato de ciencias) no Concurso de microrrelatos de Halloween organizado pola editorial Oxford; neste mesmo concurso quedou finalista Nee Barros, recente gañador do II Concurso de relatos contra a violencia de xénero. Levamos máis dun lustro obtendo premios literarios cada ano, como consecuencia da implicación de varios departamentos (impulsados polo departamento de lingua castelá) por mellorar a competencia lingüística, considerando importante animar ao alumnado a practicar a narrativa presentándose a certames literarios. Na mesma liña de mellora da competencia lingüística, traballa o estupendo Clube de lectura Bradomín e introducimos en 2º da ESO a materia de oratoria, fundamental para a fala en público. Felicitamos ao alumnado gañador, a todos os participantes (que foron moitos) e ao profesorado implicado do centro (grazas especiais a Jorge Martín, xefe do departamento de lingua castelá).

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email