IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Convocatoria solicitudes Erasmus + para mobilidades curso 2018/2019.

Está aberta a convocatoria para solicitar bolsas Erasmus+ para facer a FCT ou prácticas como recén titulados no estranxeiro, durante o presente curso.

Queres facer a FCT fóra? Ou facer prácticas como alumno xa titulado noutro país europeo? Programa Erasmus+ para Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior
Con quen debes contactar?
Coord. Progr. Internacionais: Pilar Pereira Poza
Orientadora: Dores Pérez Espiña

FORMULARIOS DISPOÑIBLES EN PAPEL
Podedes atopar os formularios de selección na secretaría do centro. Durante os vindeiros días iremos informando persoalmente polas clases e realizando unha charla informativa no salón de actos dirixida ao alumnado de Ciclos superiores para realizar a FCT no estranxeiro e outra charla dirixida ao ciclo medio para prácticas como recén titulados.

O prazo de presentación de solicitudes para realizar a FCT termina o 11 de Xaneiro de 2019.
O prazo de presentación de solicitudes para prácticas como recén titulados termina o 28 de febreiro de 2019.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email