Listaxes de admitidos e non admitidos na FP Básica

[:gl]No seguinte link (Listaxes FP) pódese consultar a listaxe de admitidos e non admitidos na F.P. Básica. Hai dous días hábiles para reclamar ante a dirección do centro. Por outra banda, o prazo de matrícula comeza o día 13 de setembro e remata o día 20.

Datas de presentacións e matrícula de setembro

Bo comezo de curso! Para que comencedes o curso sen dificultade, achegamos dous documentos nos que indicamos as datas de matrícula en setembro (link matrícula) e as datas de presentacións e comenzo de todas as ensinanzas impartidas no centro (link presentacións). Vémonos axiña!

Actualización libros de texto 1º ESO. Proxecto E-Dixgal

A incorporación do noso centro ao proxecto de educación dixital, E-Dixgal, supón que a casi totalidade das materias de 1º da ESO (link libros) pasarán a impartirse con referencias dixitais, sustituindo o tradicional libro en papel por un ordenador a disposición do alumnado (poderá levalo a casa ou ben deixalo no centro). O fondo solidario […]

O IES Frei Martín Sarmiento incorpórase ao proxecto E-Dixgal

O vindeiro curso o noso centro introducirá o libro dixital nas aulas de 1º da ESO ao concedernos a incorporación ao proxecto E-Dixgal, tal como recolle a resolución provisional (http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25543) de 16 de xullo da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Publicación Listaxes Admitidos/Excluídos Fondo Libros

Xa están publicadas as listaxes provisionais do fondo solidario de libros de texto conforme a Orde de 9 de maio de 2018 que o regula; o prazo de reclamación destes listaxes é de dous días hábiles a partires da publicación

Horarios de Formación Modular

Xa están dispoñibles na web os horarios dos Ciclos Formativos de Formación Modular xunto co resto de  documentación relativa aos Ciclos Formativos do IES Frei Martin Sarmiento.