IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Responsabilidade social nos contidos educativos

Oito institutos galegos, entre eles o noso, están a participar na segunda edición do programa Xeración Responsable, unha iniciativa das consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Educación, Universidade e Formación Profesional coa que se busca difundir os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable impulsados por Nacións Unidas para alcanzar no ano 2030 un mundo máis sustentable.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participou este xoves nun dos talleres que se están impartindo no IES Frei Martín Sarmiento, dirixido a alumnado do segundo ciclo de Laboratorio clínico e biomédico. Na actividade, o estudantado reflexionou e debateu sobre igualdade de xénero; un crecemento económico sustentable; a industria, a innovación e as infraestruturas, e a produción e o consumo responsables.

Noticia completa no Diario de Pontevedra

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email