IES FREI MARTÍN SARMIENTO

O noso instituto amosará os seus logros noutras Comunidades Autónomas

O IES Frei Martín Sarmiento está entre os oito centros elixidos en toda Galicia polas súas boas prácticas para amosar o seu método e os seus logros noutras Comunidades Autónomas, dentro do programa de innovación educativa ‘Observa_Acción’, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Nesta edición do programa de innovación educativa ‘Observa_Acción’, participarán 40 docentes –cinco por centro–, nunha experiencia que lles permitirá fomentar o desenvolvemento profesional en competencias docentes, a cooperación, a construcción conxunta do coñecemento e o liderazgo de xestión.

O programa divide aos centros en tres modalidades: a ‘A’, para aqueles que participaron na edición do ano pasado, cunha visita a centros do espacio internacional europeo; a ‘B’, que baséase en intercambios con centros de Asturias, Castilla e León e A Rioxa; e a ‘C’, con intercambios a Castilla e León.

Da provincia de Pontevedra, participarán tres centros: o IES de Meaño e o CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán, de Cangas, englobados na modalidad B; e o IES Frei Martín Sarmiento, na modalidad C

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email