IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Frei Martín Sarmiento triunfa na V Edición dos Skills Galicia 2018 de Formación Profesional

O venres 30 de novembro celebrouse a gala de entrega de premios dos Skills Galicia 2018. Esta é unha competeción que se desenvolveu durante o mércores 27 e o xoves 28, na que o alumnado de formación profesional debe amosar as súas destrezas en concurrencia competetitiva. O noso centro estivo representado por Irene Galbán Rodríguez na competición de peiteado e que obtivo a medalla de ouro o que lle catapulta cara a competición de Skills España que terá lugar no mes de marzo de 2019: parabéns ao gran traballo da nosa alumna e a súa titora que a preparou cara este éxito, Ana Mª Varela. Na competición de control industrial gañamos a medalla de plata cunha competición moi igualada e un gran traballo do noso alumno David Alonso Méndez, titorizado polo docente David Camiños. É un orgullo para o noso centro que a calidade das ensinanzas desenvolvidas polos nosos docentes, téñanse reflectidas no recoñecemento que supón obter estes premios. Parabéns a todos!!! Máis información sobre os skills: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/26566
Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email