Saída ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro

O pasado 24 de outubro o alumnado de 1º de ESO puido desfrutar dunha saída didáctica ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) organizada polos departamentos de Educación Plástica e Xeografía e Historia. Nesta visita, que incluía un taller, o alumnado achegouse ao coñecemento histórico das comunidades prehistóricas, ao seu modo de […]

Visita cultural a Madrid do 2º de Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes e de Humanidades foi de visita cultural a Madrid. Que mellor maneira de aprender os contidos de Fundamentos Artísticos, Debuxo Artístico II e Historia da Arte que ir a coñecer as obras estudadas e gozalas de preto! O Museo do Prado, o Reina Sofía, o Thyssen, o Círculo de Bellas Artes, a Fundación […]

Peche do Programa de Mentoría Escolar entre 4º e 1º de ESO.

O alumnado de 4º e 1º ESO “implicado” (porque esa é a palabra que corresponde) tivo o seu acto no Salón de Actos do centro coa presencia institucional, empresarial e política. Pero sobre todo foi un acto para eles/elas, no que Aurora Coego explicounos brevemente os resultados do obradoiro de Mentoría, e Lucía González, Adriana […]

REFLEXIÓNS FILOSÓFICAS SOBRE A ARTE

O alumnado de 4ºESO da materia de filosofía, e as súas profesoras, Inés Oterodo master do profesorado, e Cristina González, móstrámovos unhas brevesreflexións sobre algunhas obras de arte.  Que buscábamos? Simplementereflexionar sobre:  Por que eliximos ou mostramos esta obra? Que sentimentos saen aocontemplalas, escoitalas ou bailalas?Aquí van algunhas reflexións e as fotografías dos e das autoras e das […]

Visita a Compostela

Unha xornada (sen choiva) en Santiago que se nos fixo curta ao tempo que entretida. Un grupo de 9 alumnos de 1º de Bacharelato B e a profe, paseamos tranquilamente polo casco vello da cidade, atopándonos con sorpresas: o restaurante de Manuel!, e outras previamente anunciadas: á Facultade de Xeografía e Historia na que entramos e […]

Visita ao centro de día Al-Faro

Tras o intercambio de cartas cos usuarios do centro de día Al-Faro, hoxe tocou visitar o centro, unha grata experiencia. Os textos que aparecen a continuación son do alumnado participante nesta experiencia. Hoxe foron eles os protagonistas. Adriana: hoy visitamos el centro de día Al-Faro, y conocimos muchas historias conmovedoras e interesantes. Me quedo con […]

Experiencia inmersiva na arte en Santiago de Compostela

EXPERIENCIA INMERSIVA NA ARTE DO ALUMNADO DO FREI MARTÍN SARMIENTO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. O venres 22 de marzo, tras finalizar un duro 2º trimestre para o alumnado de 2º de bacharelato de Humanidades, realizouse unha actividade inmersiva na arte Románica e Barroca, analizando e comentando insitu a catedral de Santiago de Compostela. Da devandita catedral entran varias opcións para analizar […]

Club de debate en Santa Comba

A pesar de non pasar a 1ª rolda de Debate, o noso alumnado do Club de Debate sobresaliu en agrademento pola experiencia, entusiasmo, gañas de disfrutar e compañeirismo. Para a súa profesora, Cristina González, foi un pracer ir con este grupo de alumnos e alumnas representando ao IES Frei Martín Sarmiento. Grazas en nome de […]

1ª Rolda Club de Debate

O próximo martes 27 de febreiro o Club de Debate do IES Frei Martín Sarmiento ten a primeira rolda de debate en Santa Comba. Despois de preparalo con tanto traballo e entusiasmo, aínda que tamén cun pouco de nervios, seguro que pasades a seguinte rolda. Sorte a Breogán, Lía, Carla, Raquel, Lucía, Adriana, Paula, Yossra, […]

Primeira Xornada de Formación do Club de Debate

Hoxe comenzou a súa formación con gran estusiasmo a súa andaina o Club de Debate do IES Frei Martín Sarmiento, sen dúbida coa calidade que mostraron, chegaremos á final do 13 de abril.