IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Experiencia inmersiva na arte en Santiago de Compostela

EXPERIENCIA INMERSIVA NA ARTE DO ALUMNADO DO FREI MARTÍN SARMIENTO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O venres 22 de marzo, tras finalizar un duro 2º trimestre para o alumnado de 2º de bacharelato de Humanidades, realizouse unha actividade inmersiva na arte Románica e Barroca, analizando e comentando insitu a catedral de Santiago de Compostela.

Da devandita catedral entran varias opcións para analizar nas ABAU, por tanto, que mellor forma de apreciar as características propias de cada estilo artístico que observándoo directamente. O alumnado acompañado pola súa profesora da materia de Historia da Arte, Ana María Dios, puido apreciar o Pórtico da Gloria e a súa policromía, para despois analizar a nave central, a xirola e o exterior barroco da contorna da catedral.

Foi unha actividade moi produtiva e enriquecedora para o alumnado, pois lles permitiu aplicar os coñecementos artísticos que adquiriron ao longo do curso.

A actividade completouse cunha visita guiada ao patrimonio histórico da USC, visitando o Colexio de Fonseca (século XVI) e a súa Biblioteca América, o que lles permitiu observar o Facsímile do libro mais antigo de Santiago de Compostela, o Libro de Horas de Fernando I de León (século XI). Posteriormente realizouse un percorrido pola zona antiga da cidade ata chegar á Facultade de Xeografía e Historia (século XVIII), visitando o Paraninfo universitario.

O resultado desta experiencia, foi unha mañá de clase moi produtiva e diferente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email