O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes e de Humanidades foi de visita cultural a Madrid.
Que mellor maneira de aprender os contidos de Fundamentos Artísticos, Debuxo Artístico II e Historia da Arte que ir a coñecer as obras estudadas e gozalas de preto! O Museo do Prado, o Reina Sofía, o Thyssen, o Círculo de Bellas Artes, a Fundación Telefónica, a Maphre… un percorrido amplísimo que marabillou aos rapaces.
Ademais, aproveitaron para ir ao musical “A pantasma da Ópera”, así como a unha obra teatral, “A cea dos idiotas”, fantásticas as dúas.
E aínda houbo tempo de coñecer un chisco Madrid…





