Peiteado Modular: campaña do segundo trimestre

Ao longo do segundo trimestre as alumnas de Peiteado modular fixeron varias campañas de marketing e venda, sempre a partir de materiais reciclados, que se expuxeron no vestíbulo do instituto. Nas imaxes podemos ver as campañas de San Valentín e de Entroido.
Trocalibros

O domingo 30 foi o primeiro ano no que a Anpa Xocas e o IES Frei Martín Sarmiento participamos no Trocalibros do Salón do Libro. A convocatoria foi todo un éxito de público. Grazas a Susana, Sesé, Cruz, Laura e Rosa da Anpa Xocas e as profes Lucía e Mercedes pola colaboración. Trocamos preto de […]
O Club Atlantis visita o Salón

O alumnado do Club Atlantis acudíu ao Salón do Libro a un encontro co debuxante Alexadre Senande, coautor do libro “Sentinelas da Lúa Carmesí”.Que fantástica xornada! as preguntas e intercambios de ideas non paraban de fluir, nunca conversa que agardamos que se poida repetir nun futuro non lonxano…Non lles chega o momento de ler o […]
Visita cultural a Madrid do 2º de Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes e de Humanidades foi de visita cultural a Madrid. Que mellor maneira de aprender os contidos de Fundamentos Artísticos, Debuxo Artístico II e Historia da Arte que ir a coñecer as obras estudadas e gozalas de preto! O Museo do Prado, o Reina Sofía, o Thyssen, o Círculo de Bellas Artes, a Fundación […]