O domingo 30 foi o primeiro ano no que a Anpa Xocas e o IES Frei Martín Sarmiento participamos no Trocalibros do Salón do Libro. A convocatoria foi todo un éxito de público. Grazas a Susana, Sesé, Cruz, Laura e Rosa da Anpa Xocas e as profes Lucía e Mercedes pola colaboración. Trocamos preto de 250 vales polos libros doados polos membros da comunidade educativa do Frei!!! Grazas a todos/as por participar nesta iniciativa!







