IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Visita a Compostela

Unha xornada (sen choiva) en Santiago que se nos fixo curta ao tempo que entretida. Un grupo de 9 alumnos de 1º de Bacharelato B e a profe, paseamos tranquilamente polo casco vello da cidade, atopándonos con sorpresas: o restaurante de Manuel!, e outras previamente anunciadas: á Facultade de Xeografía e Historia na que entramos e puidemos comprobar que se podía acampar dentro dunha aula!!!
Pero ao ir a Santiago, non podía faltar a Catedral, a Praza do Obradoiro, e o Mercado de Santiago. 
E aínda que curta, estivo moi ben aproveitada,e no seu tempo libre: Delia, Sara, Micaela, Manuel, Emma, Claudia, Sofía, Lunna e Junior, coñeceron pola súa conta outros rincóns da cidade.
Unha viaxe na que tamén mereceu a pena, polas risas de algúns e algunhas, a viaxe no tren. 

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email