Torneo de Voleibol e Fútbol-Sala
InnovArt

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato de Artes achegáronse á Cidade da Cultura en Santiago para asistir á feira de ofertas educativas relacionadas coas artes ”Innovart”. Alí participaron en obradoiros organizados polas diferentes escolas e recibiron información moi relevante para o seu futuro académico. #bacharelatodeartes #innovart
Preparados para dar o salto – EduEmprende

O alumnado de economía de 1º de bacharelato asistiu á charla “Preparados para dar o salto”, a cargo de Carlota Sánchez Puga, Coordinadora de Educación Superior Afundación, que ten como obxectivo mellorar o coñecemento das finanzas persoais para aumentar o nivel de alfabetización financeira e abordar os retos que marcarán a evolución económica dos próximos […]
DÍA MUNDIAL DA TERRA

Unha batucada polos corredores do centro e a lectura dun manifesto serviron para dar a coñecer o proxecto educativo StopRE.Mesturando ambente festivo e reivindicativo este proxecto quere que tomemos conciencia do dano medioambiental que causa no planeta a moda Fast Fashion e a industria textil, unha das máis contaminantes do planeta.
Postgrowth Pontevedra – Imaxinando a cidade do futuro

O grupo de 1º de bacharelato que cursa a materia de economía leva traballando dende o mes de novembro nun proxecto de ciencia cidadá da Universidade de Vigo, unha gran oportunidade do alumnado para achegarse ao mundo da investigación científica. Cal e como queremos que sexa a nosa cidade nun futuro tendo en conta criterios […]
Final do YBT en Madrid

O equipo PILAYS, composto por David, Gabriel e Pablo, alumnos de 2º de bacharelato, asistiu o pasado venres 19 á final nacional do YBT en Madrid. So 100 dos máis de 3.000 equipos que comezaron a competición (máis de 11.000 alumnos) conseguiron un posto na final en Madrid. Unha gran experiencia. Parabéns David, Gabriel e […]
DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA

O mércores 17 de abril o departamento de Educación Física se sumou á iniciativa do COLEF para celebrar o día da Educación Física na rúa, este ano co lema de Actividade física e saúde mental. O tempo acompañou e todas as sesións da materia se impartiron onte na zona verde a carón do río Gafos. […]
Proxecto StopRE

O luns 22 de abril facéndoo coincidir co Día mundial da Nai Terra, presentarase o proxecto medioambiental STOP.RE que varias profesoras e alumando do IES Frei Martín Sarmiento están levando a cabo para a concienciación e reducción da contaminación xerada polo consumo de roupa.Como parte das actividades a cambio das prendas usadas, os membros da comunidade educativa […]
Visita aos xulgados de Pontevedra

O martes 16 de abril o alumnado de 1º de bacharelato que cursa a materia de economía e o de 4º ESO que cursa filosofía, tivo a oportunidade de comprobar como funciona un xulgado do penal. Visitaron as instalacións do xulgado (o novo edificio, calabozos, sala de recoñecemento, etc.) e asistiron a diversos xuizos que, […]
Charla de Silvia Fuentes

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes asistiu á charla de Silvia Fuentes, produtora galega de produtos audiovisuais, na que puideron coñecer os diferentes axentes que interveñen na elaboración dun filme e preguntar cuestións moi relevantes sobre as posibilidades laborais no campo do cinema. Estamos moi agradecidos a Silvia pola súa implicación na charla […]