IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Proxecto StopRE 

O luns 22 de abril facéndoo coincidir co Día mundial da Nai Terra, presentarase o proxecto medioambiental STOP.RE que varias profesoras e alumando do IES Frei Martín Sarmiento están levando a cabo para a concienciación e reducción da contaminación xerada polo consumo de roupa.
Como parte das actividades a cambio das prendas usadas, os membros da comunidade educativa recibirán una tarxeta con Bonos canxeables por outras prendas no mercadillo de roupa de 2ª man que se fará todos os venres no 1º recreo (11:00 a 11:25) no pasillo central do centro. Agardamos poder facelo algún día tamén en horario de tarde.

O Proxecto STOP.RE é un proxecto educativo de reciclaxe textil e sensibilización medioambiental. O principal obxectivo desta iniciativa é concienciar ao alumnado e á comunidade educativa do dano mediambientai que causa no planeta a moda Fast Fashion. Algunhas das solucións pasan por cambiar os hábitos de consumo, REducindo o consumo da moda rápida e barata ou REutilizando prendas de roupa de 2ª man que aínda están en bo estado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email