IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Visita aos xulgados de Pontevedra

O martes 16 de abril o alumnado de 1º de bacharelato que cursa a materia de economía e o de 4º ESO que cursa filosofía, tivo a oportunidade de comprobar como funciona un xulgado do penal. Visitaron as instalacións do xulgado (o novo edificio, calabozos, sala de recoñecemento, etc.) e asistiron a diversos xuizos que, se ben non se chegaron a celebrar, temos que agradecer a D. Juan José Trashorras, xuíz do xulgado do penal nº1, a súa disposición para explicar o funcionamento do mesmo e achegarnos a realidade da xustiza. Tamén agradecer a amabilidade da xuíza decana de Pontevedra, Dna. Belén Rubido, así como a todo o persoal de seguridade, policias e outros que nos acompañaron na nosa visita.

#ProgramaEducarEnXustiza

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email