IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Postgrowth Pontevedra – Imaxinando a cidade do futuro

O grupo de 1º de bacharelato que cursa a materia de economía leva traballando dende o mes de novembro nun proxecto de ciencia cidadá da Universidade de Vigo, unha gran oportunidade do alumnado para achegarse ao mundo da investigación científica. Cal e como queremos que sexa a nosa cidade nun futuro tendo en conta criterios de sostibilidade?

Primeiro elixiron un reto e, tras decidir que o reto é o “Emprego en Pontevedra”, xunto co equipo de investigación do Postgrowth Innovarion Lab, deseñaron o proceso de investigación, fixeron a recollida de datos e o luns 22 fixeron unha primeira análise dos mesmos:

Cales son os empregos maioritarios en Pontevedra? Cales garantizan o emprego presente e futuro de boa parte da poboación de Pontevedra? E unha vida digna? Son inclusivos? Estes e outros aspectos son os que están a analizar actualmente. O obxectivo final é unha tranferencia de coñecemento, divulgando os resultados obtidos, participando na 10ª Conferencia Internacional de Decrecemento e da 15ª Conferencia da Sociedade Europea para a Economía Ecolóxica, que terán lugar en Pontevedra en xuño de 2024.

.. seguimos traballando e investigando.

#EconomíaFMS

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email