Unha batucada polos corredores do centro e a lectura dun manifesto serviron para dar a coñecer o proxecto educativo StopRE.
Mesturando ambente festivo e reivindicativo este proxecto quere que tomemos conciencia do dano medioambiental que causa no planeta a moda Fast Fashion e a industria textil, unha das máis contaminantes do planeta.














