IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Charla de Silvia Fuentes

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes asistiu á charla de Silvia Fuentes, produtora galega de produtos audiovisuais, na que puideron coñecer os diferentes axentes que interveñen na elaboración dun filme e preguntar cuestións moi relevantes sobre as posibilidades laborais no campo do cinema.

Estamos moi agradecidos a Silvia pola súa implicación na charla e claridade resolvendo as preguntas, así como á Asociación Galega de Produtoras Independentes ( AGAPI), que a través do programa EDUCA AUDIOVISUAL, están conectando ao alumnado de Artes con profesionais dun sector en Galicia de tanta proxección fora das nosas fronteiras.

#bacharelatodeartes
#silviafuentes
#agapi
#culturaaudiovisual
#educaaudiovisual

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email