Crónica club de lectura FP

O pasado luns 17 de novembro xuntámonos para falar dun clásico que nunca envellece: ¿Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick, a novela que inspirou a peli  Blade Runner.  A sesión foi unha viaxe entre cables e grandes preguntas : que nos fai humanas e humanos? A memoria? A empatía? As eleccións que tomamos cando ninguén mira? […]

Club de lectura

O pasado luns 20 de outubro arrancamos o curso no Club de Lectura con O príncipe da néboa de Carlos Ruiz Zafón. Coma sempre, houbo debate, risas, dilemas e ata unha celebración de aniversario. Ademais, sumáronse novas lectoras e lectores cheos de enerxía.A próxima parada? Soñan os androides con ovellas eléctricas? de Philip K. Dick.Próxima […]

Celebración do Día do Libro

Hoxe queremos recordar que para a celebración do Día do Libro, a Biblioteca do Instituto, en colaboración co Departamento de Artes Plásticas, organizou un obradoiro coa ilustradora e libreira Alba Blanco. Os destinatarios foron o alumnado do Club Atlantis e algúns alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato de Artes.Neste taller, Alba explicou […]

Club de lectura de FP

O pasado martes 6 de maio tivo lugar unha nova reunión do noso Club de Lectura de FP. Nesta ocasión, mergullámonos na delicada e sorprendente novela “Se os gatos desaparecesen do mundo” de Genki Kawamura. Unha historia entretida que nos deu moito xogo para reflexionar e debater: que estaríamos dispostos a eliminar do mundo se estivésemos na situación […]

Club de lectura de FP

O pasado martes tivemos a segunda reunión do noso Club de Lectura de FP, onde comentamos a obra Fundación de Isaac Asimov.  A trama, ambientada nun futuro afastado, fálanos da caída inevitable dun gran imperio galáctico e do plan de Hari Seldon, baseado na psicohistoria, para crear unha “Fundación” que garanta o renacemento dunha nova civilización. A través […]

Club de Lectura de FP

A semana pasada tivemos a primeira reunión do noso club de lectura de estudantes de FP, e menuda pasada!  Xuntámonos para comentar Fahrenheit 451  de Ray Bradbury, clásico distópico que nos sitúa nunha sociedade futura na que os libros están prohibidos.  Falamos de distopías, utopías, dilemas existenciais, cómics, ciencia ficción e pelis que nos gustan.  O mellor? As […]

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN con Pablo Otero

Biblioteca do IES Frei Martín Sarmiento 30 de xaneiro, Día da IlustraciónO artista plástico Pablo Otero realizou un obradoiro na Biblioteca do IES Frei Martín Sarmiento con motivo da celebración do 30 de xaneiro, Día da Ilustración.O artista visual e ilustrador ourensán iniciou esta actividade concienciando e implicando ao alumnado do club de Manga “Atlántis” da importancia do […]

Visita á Expotaku

O pasado venres, o alumnado do Club de Manga, do Obradoiro da revista Paraquenaqueira, do Club de lecturas Diverxentes e de PDC do noso centro acudíu a visitar a Expotaku de A Coruña. Foi acompañado polo alumnado do Club de Manga da Xunqueira I, e todos e todas puideron gozar durante todo o día de […]

Charla MARAIVA, cosmética natural galega 

A nosa biblioteca é un espazo vivo que favorece a conexión das persoas e o descubrimento de persoas emprendedoras responsables coa nosa contorna🌱.  Mariña, Alba e Iván son os creadores de Maraiva, unha marca de cosmética natural galega asentada sobre fortes valores de tradición, sentimento e sostenibilidade. Grazas por compartir co noso alumnado de FP […]

Ler no verán 2022-23

Coma tódolos anos, a biblioteca do I.E.S. Frei Martín Sarmiento fai unha serie de recomendacións de lectura para o periodo estival. Pódese consultar a deste ano no seguinte enlace.