IES FREI MARTÍN SARMIENTO

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN con Pablo Otero

Biblioteca do IES Frei Martín Sarmiento 30 de xaneiro, Día da Ilustración
O artista plástico Pablo Otero realizou un obradoiro na Biblioteca do IES Frei Martín Sarmiento con motivo da celebración do 30 de xaneiro, Día da Ilustración.
O artista visual e ilustrador ourensán iniciou esta actividade concienciando e implicando ao alumnado do club de Manga “Atlántis” da importancia do poder creativo nos seres humanos. Ademais, mostroulle ao alumnado orixinais artefactos realizados por él con diferentes texturas de teas.
Pablo Otero, tras revelar ao alumnado os seus segredos para inspirarse, propúxolles a creación dun mecanismo con material de refugallo e reciclado que resolvera problemas fundamentais do ser humano e que lles puxeran nome e inventaran unha serie de palabras sobre eles.
O fin desta actividade foi potenciar a creatividade do noso alumnado para conmemorar o Día da Ilustración.
Foi unha experiencia fantástica para o alumnado.
Grazas Pablo, por compartir este día connosco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email