VISITA DO BARBEIRO MANUEL GONZÁLEZ

O alumnado de 2º curso do ciclo de Peiteado e Cosmética capilar recibiu unha visita moi especial. Manuel González, exalumno do noso centro, convertido hoxe en emprendedor ao fronte da súa barbería en Arcade (Emege Barber Studio) compartiu connosco a súa traxectoria, chea de ilusión, esforzo e paixón polo oficio. 💈✂️ Grazas, Manuel, por volver ás aulas […]
Visita FP Aluminios Cortizo EduTecEmprende

O pasado 19 de xuño, alumnado dos ciclos de Mecanizado e Instalacións Eléctricas do noso centro realizou unha visita guiada polas instalacións de Aluminios Cortizo onde puideron coñecer de primeira man os diferentes procesos industriais desta empresa referente no sector do aluminio, así como descubrir oportunidades de formación e emprego neste ámbito. Moitísimas grazas á empresa, e especialmente a […]
InnovaTechFP2025

Parabéns Noa, Carla, David e María, alumnado dos dous equipos do noso centro que chegaron á fase final do programa InnovaTechFP e veñen de defender, dun xeito extraordinario, as súas propostas de solución aos retos plantexados polas empresas Zendal e L’Oréal no Centro Galego de Innovación na FP Eduardo Barreiros. Traballar ao voso carón foi […]
💈Aprendiendo con Adrián Campo

O noso alumnado do ciclo medio de Peiteado tivo a sorte de contar na aula con Adrián Campo @adriviibess, quen a pesares da súa xuventude, xa é para moitos un referente da barbería. Adrián ofreceu ao alumnado unha verdadeira masterclass “a xornada completa” sobre os fundamentos básicos de corte: liñas, graduacións, seccións ou formas…. e […]
Maquillaxe no CEIP de Marcón

#AprendizaxeServizo Práctica real de Maquillaxe no CEIP de Marcón O noso alumnado de 1º curso do ciclo medio de Estética e Beleza enfrentouse a un reto real: unha práctica de maquillaxe cos nenos e nenas do CEIP de Marcón, transformándoos en adorables Avatares. Foi unha marabillosa oportunidade que lles permitiu aprender a planificar un servizo, […]
Finexit: un escape room financeiro na nosa biblioteca!

O pasado mércores , o alumnado de 4º da ESO e dos ciclos formativos de FP participou nunha actividade moi especial organizada pola Fundación Mapfre, en colaboración cos departamentos de FOL e Economía. Tratouse de FINEXIT, un emocionante escape room financeiro, onde os nosos estudantes tiveron que poñer a proba os seus coñecementos para resolver unha serie de retos e descubrir o código […]
Experiencias Emprendedoras

Hoxe tivemos o privilexio de recibir a Luz, fundadora do centro de estética Nova Estetic de Marín, que compartiu co alumnado de 1º e 2º do ciclo medio de Estética e Beleza a súa valiosa experiencia como emprendedora no sector. Luz ofreceunos unha visión real e transparente do día a día dun esteticista, destacando os […]
Mulleres emprendedoras

Maraiva Sentir Natural é unha marca de cosmética natural galega que mistura tradición e innovación. O noso alumnado da familia profesional de imaxe persoal tivo a oportunidade de coñecer da man da súa fundadora Mariña Búa a historia do seu emprendemento, os férreos valores de sostenibilidade e solidaridade que o sustentan e tamén os erros que […]
Taller de Aromaterapia

Canto nos gusta aprender de emprendedores da nosa contorna….!! Grazas Noelia Solar de @_esenciaviva_ por guiarnos neste bonito taller de Aromaterapia e elaboración de velas de masaxe. Unha experiencia única para o grupo de alumnas de 2º curso do ciclo superior de Estética Integral e Benestar na que aprendemos sobre os beneficios da aromaterapia para […]
Historias que inspiran

O alumnado do ciclo de FP de Peiteado e cosmética capilar ordinario e modular do noso centro, recibiu hoxe (7 de outubro) unha visita moi especial. Adrián Campo, barbeiro profesional e mozo emprendedor ao mando da barbería Vibes Studio de Pontevedra compartiu con nós a historia do seu recente emprendemento. Adrián contaxiou ao alumnado a […]