Parabéns Noa, Carla, David e María, alumnado dos dous equipos do noso centro que chegaron á fase final do programa InnovaTechFP e veñen de defender, dun xeito extraordinario, as súas propostas de solución aos retos plantexados polas empresas Zendal e L’Oréal no Centro Galego de Innovación na FP Eduardo Barreiros.
Traballar ao voso carón foi un orgullo para o profesorado que vos acompañou nesta aventura! Agora desexámosvos moita sorte e que disfrutedes na xornada de entrega de premios o vindeiro 17 de xuño no CIFP Universidade Laboral de Culleredo. Recordade que para nós, o verdadeiro premio é a experiencia vivida e o impresionante traballo que fixestes.
@cgifp_eduardobarreiros @fpgalicia #InnovatechFP #ZendalGroup #LOreal #FPgalega







