O pasado mércores , o alumnado de 4º da ESO e dos ciclos formativos de FP participou nunha actividade moi especial organizada pola Fundación Mapfre, en colaboración cos departamentos de FOL e Economía.
Tratouse de FINEXIT, un emocionante escape room financeiro, onde os nosos estudantes tiveron que poñer a proba os seus coñecementos para resolver unha serie de retos e descubrir o código secreto que lles permitiu recuperar importantes documentos.
Unha experiencia divertida, educativa e moi amena que demostrou que a economía tamén pode ser un xogo!
Parabéns a todos os participantes polo seu enxeño e traballo en equipo! 

#Finexit #EscapeRoom #EducaciónFinanceira #AprenderXogando #BibliotecaFMS #FundaciónMapfre #FOL #Economía #FP #ESO #TraballoEnEquipo #IesFreiMartinSarmiento







