IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Historias que inspiran

O alumnado do ciclo de FP de Peiteado e cosmética capilar ordinario e modular do noso centro, recibiu hoxe (7 de outubro) unha visita moi especial. Adrián Campo, barbeiro profesional e mozo emprendedor ao mando da barbería Vibes Studio de Pontevedra compartiu con nós a historia do seu recente emprendemento. 

Adrián contaxiou ao alumnado a súa paixón polo mundo da barbería incidindo na importancia da actitude no traballo, das gañas de aprender e da formación continua.  A xornada rematou cunha demostración práctica da súa técnica de corte masculino. 

Grazas Adrián e a todo o equipo Vibes que nos acompañou, por achegar o voso traballo ás nosas aulas!! @adrivibess @vibesstudiio

Esta actividade está organizada pola Aula de Emprendemento do IES Frei Martín Sarmiento, en colaboración co departamento de Imaxe Persoal.
 #fmsemprende #auladeemprendementofms

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email