PROFESORES HÚNGAROS NO IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Un grupo de profesores húngaros da escola KSZC Ványal Ambrus Technikum, Szakkepzon Iskolam es Kollegium visitaron o IES Frei Martín Sarmiento nas primeiras semanas de setembro. Esta actividade desenvolveuse a través dun job shadowing relacionado cun proxecto do programa Erasmus +. Este grupo de profesores estaba formado polo director, Zsolt György Moldovan; a coordinadora de […]

Reunión coas familias ESO, Bacharelato e FP Básica

O luns 14 de outubro teremos no Salón de Actos do centro a sesión de acollida coas familias do noso alumnado coa seguinte distribución: 18:00 HORAS: 1º e 2º de Bacharelato 18:30 HORAS: 1º e 2º FP Básica 19:00 HORAS: 1º e 2º ESO 19:30 HORAS: 3º e 4º ESO

Postgrowth S.A.: Pontevedra

O alumnado de 1º de bacharelato que cursou a materia de economía, tivo a oportunidade de participar nun proxecto de ciencia ciudadana, o “Postgrowth S.A.: Pontevedra”, co obxectivo de investigar como levar a cabo unha transición ecolóxica xusta nas cidades. Para isto, os alumnos/as convertéronse en científicos sociais durante o curso 2023/24. O proxecto finalizou […]

Despedida de curso co Club de Manga

Para festexar o último día de curso, o alumnado do Club de Manga Atlantis organizou un obradoiro de xogos para todo a rapazada de 1º, 2º e 3º de ESO.  En diferentes espazos do centro explicaron as regras básicas para aprender a xogar a “Dragóns e Calabozos” e a “Magic”, e tamén houbo un taller […]

Acto de Graduación dos Ciclos de Formación Profesional

No Frei Martín Sarmiento despedimos ao alumnado de Ciclos nun acto de graduación cheo de emocións e sorpresas. Moitísimas grazas polo cariño que acompañou todo o acto: a decoración, os discursos, as bromas e, por suposto, a inesquecible actuación de María A. Martínez Groba. Parabéns!

Mellores expedientes ABAU

O venres 21 Andrea, Clara, Sofía, Huda e Sabela obtiveron o recoñecemento público ao seu esforzo académico na cidade da Coruña por estar entre os mellores expedientes ABAU. Parabéns! Aínda que non estean nesta foto, noraboa tamén a todo o alumnado de 2º de Bacharelato que deixou moi alto o pavillón do centro nas ABAU. […]

InnovaTechFP

O venres 14 de xuño Neikari e Nuria, alumnas do ciclo medio de instalacións eléctricas e automáticas, defenderon ante a comisión de selección do programa #InnovatechFP, a súa proposta de solución finalista ao “Reto 10” que no mes de novembro lanzou UFD Fundación Naturgy. Parabéns polo rigor, naturalidade e profesionalidade coa que defendestes a vosa proposta!!… […]

Peche do Programa de Mentoría Escolar entre 4º e 1º de ESO.

O alumnado de 4º e 1º ESO “implicado” (porque esa é a palabra que corresponde) tivo o seu acto no Salón de Actos do centro coa presencia institucional, empresarial e política. Pero sobre todo foi un acto para eles/elas, no que Aurora Coego explicounos brevemente os resultados do obradoiro de Mentoría, e Lucía González, Adriana […]

Mercadillo DepoEmprende en Vigo

A través do proxecto DepoEmprende, o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Formación e Orientación Personal e Profesional, constituiu dúas cooperativas, “Abrazo Mayor” e “Costa Proyect” Abrazo Mayor é unha cooperativa que ten como obxectivo axudar a mellorar a saúde física e mental dos nosos maiores e a levar unha vida […]

Concerto en Nuncaxamais

Este ano, no IES Frei Martín Sarmiento, púxose en marcha un proxecto para o lecer nos recreos nun espazo moi especial chamado Nuncaxamais. Desde o primeiro momento quixemos que fora un centro de reunión para os rapaces e rapazas con ganas de pasalo ben, facendo cousas como tocar instrumentos, xogar a xogos de mesa, ler, […]