IES FREI MARTÍN SARMIENTO

InnovaTechFP

O venres 14 de xuño Neikari e Nuria, alumnas do ciclo medio de instalacións eléctricas e automáticas, defenderon ante a comisión de selección do programa #InnovatechFP, a súa proposta de solución finalista ao “Reto 10” que no mes de novembro lanzou UFD Fundación Naturgy.

Parabéns polo rigor, naturalidade e profesionalidade coa que defendestes a vosa proposta!!💪… para nós xa sodes as gañadoras.

Parabéns Mario, coordinador do proxecto, pola túa dedicación e compromiso ao longo de todo o proxecto.

Moita sorte aos compañeiros do equipo @cifp.paz.andrade, ….o traballo xa está feito e agora solo queda agardar. Retomamos o vindeiro martes na gala final de entrega de premios #InnovatechFP.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email