IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Despedida de curso co Club de Manga

Para festexar o último día de curso, o alumnado do Club de Manga Atlantis organizou un obradoiro de xogos para todo a rapazada de 1º, 2º e 3º de ESO. 

En diferentes espazos do centro explicaron as regras básicas para aprender a xogar a “Dragóns e Calabozos” e a “Magic”, e tamén houbo un taller elaboración de chapas. 

Agardamos que o desfrutaran moito… agora, a gozar das vacacións!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email