IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Concerto en Nuncaxamais

Este ano, no IES Frei Martín Sarmiento, púxose en marcha un proxecto para o lecer nos recreos nun espazo moi especial chamado Nuncaxamais. Desde o primeiro momento quixemos que fora un centro de reunión para os rapaces e rapazas con ganas de pasalo ben, facendo cousas como tocar instrumentos, xogar a xogos de mesa, ler, escribir, debuxar, ou simplemente charlar. Queriamos que fora o xerme para que, no transcurso do tempo, sucederan cousas extraordinarias.

O pasado venres aconteceu algo que non imos esquecer. Para inaugurar a intervención artística realizada polo alumnado de Proxectos Artísticos de 1º de Bacharelato de Artes e festexar un ano de Nuncaxamais, fixemos unha xuntanza na que un grupo de alumnos de ESO habituais deste espazo nos recreos, Anxo, Juan, Alex e Mateo, deron un sensacional concerto de rock.

Que ben o pasamos!

Queremos agradecer ao alumnado e profesorado que se achegou á festa, aos que veñen algunas veces ou sempre nos recreos, aos artistas plásticos que realizaron as pinturas e aos músicos por contribuír todos eles e elas para que este espazo se enchera de vida.

Aos que inda non vos achegastes nos recreos… vinde cando queirades, estamos agardando por vós!

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email