Graduación Ciclos Formativos

O xoves 19 celebramos a graduación de ciclos formativos nun emotivo evento repleto de humor, ilusión e soños cumpridos. Os ciclos de Peiteado, Estética, Mecanizado, Laboratorio e TCAE viron recompensado o seu esforzo e dedicación ao longo desta etapa nas agarimosas palabras que recibiron das súas titoras e titores. Tamén eles agradeceron aos profes todas […]
Visita á Fundación Manuel Moldes

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes visitou esta semana a exposición Camaradas, na Fundación Manuel Moldes. Alí foron moi ben recibidos pola familia do célebre pintor pontevedrés e guiados marabillosamente por Guillermo Aymerich, amigo de Moldes. Nesta exposición, os estudantes puideron coñecer a obra do afamado artista xunto coa doutros compañeiros e amigos da mesma xeración. […]
STOP.RE

O proxecto STOP.RE do IES Frei Martín Sarmiento recibe o Primeiro Premio a Ecoinnovación na categoría de Sostenibilidade na IX edición de Fundación Endesa. O xurado valorou a súa orixinalidade, creatividade e calidade, destacando entre os 196 proxectos que chegaron á final, dos 465 que se presentaron nesta IX edición. STOP.RE é un proxecto educativo […]
Reviravoltas do ADN en papel reciclado no IES Frei Martín Sarmiento

Alumnado de Bacharelato do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra celebrou o Día da Biotecnoloxía plasmando nunha maqueta os segredos do funcionamento do manual de instrucións da vida. Enlace á noticia de prensa
InnovaTechFP2025

Parabéns Noa, Carla, David e María, alumnado dos dous equipos do noso centro que chegaron á fase final do programa InnovaTechFP e veñen de defender, dun xeito extraordinario, as súas propostas de solución aos retos plantexados polas empresas Zendal e L’Oréal no Centro Galego de Innovación na FP Eduardo Barreiros. Traballar ao voso carón foi […]
Campamento Illa de Ons

Campamento na Illa de Ons organizado pola Anpa Xocas.
Celebración do Día do Libro

Hoxe queremos recordar que para a celebración do Día do Libro, a Biblioteca do Instituto, en colaboración co Departamento de Artes Plásticas, organizou un obradoiro coa ilustradora e libreira Alba Blanco. Os destinatarios foron o alumnado do Club Atlantis e algúns alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato de Artes.Neste taller, Alba explicou […]
Excursión de fin de curso de 4º ESO a Penaventura

Do 26 ao 29 de maio, 16 rapaces e rapazas disfrutaron de actividades de aventura ao aire libre, que requiren moito esforzo e paixón: tirolina entre montañas, barranquismo, paintball, escalada, mini golf, busca do tesouro, karts tolos, circuito arbóreo e, como non, festas nocturnas. Parabéns a todas e todos polo excelente comportamento e capacidade para […]
Tendencias en recollidos

O pasado mércores 21 de Maio, o alumnado de CM Peiteado e Cósmetica Capilar asistiu da man de Fátima Bermúdez, de VMV Cosmetic Group Galicia, a unha formación de tendencias en recollidos para eventos e celebracións. Foi unha xornada de aprendizaxe que resultou moi productiva para todo o alumnado, que estivo moi atento e participativo.
Día das Letras Galegas

O venres 16 de maio conmemoramos o Día das Letras Galegas no IES Frei Martín Sarmiento, este ano dedicado ás cantareiras e á poesía popular de tradición oral. Por este motivo, a celebración foi con música e danzas tradicionais. Todos os grupos da ESO e o 1ª de Bacharelato de Artes Escénicas participaron no festival […]