IES FREI MARTÍN SARMIENTO

STOP.RE

O proxecto STOP.RE do IES Frei Martín Sarmiento recibe o Primeiro Premio a Ecoinnovación na categoría de Sostenibilidade na IX edición de Fundación Endesa. O xurado valorou a súa orixinalidade, creatividade e calidade, destacando entre os 196 proxectos que chegaron á final, dos 465 que se presentaron nesta IX edición.

STOP.RE é un proxecto educativo de reciclaxe téxtil e sensibilización medioambiental. O principal obxectivo desta iniciativa é concienciar ao alumnado e á comunidade educativa do dano medioambiental que causa no planeta a moda Fast Fashion. Algunhas das solucións pasan por cambiar os hábitos de consumo, con charlas de concienciación e Mercadillos dentro do centro, tratan de ir REducindo o consumo da moda rápida e barata, REutilizando prendas de roupa de 2ª man que aínda están en bo estado ou transformándoas noutras máis atractivas con talleres de suprarreciclaxe.

A idea, que xurdiu o curso pasado co alumnado do Proxecto Competencial de 3ESO, en principio como un proxecto de aula, transformouse rapidamente nun proxecto intredisciplinar grazas a colaboración de varios profesores e departamentos de ESO (Normalización, Plástica, Música, Inglés, Francés, L.Castellana, e Matemáticas), e FP, (Mecanizado, FOL, Imaxe Persoal e Perruquería) que apoiaron e contribuíron con moita ilusión dende o primeiro momento nesta iniciativa que segue viva no actual curso no IES Martín Sarmiento.

La Fundación Endesa premia un proyecto de reciclaje textil pontevedrés

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email