Taller de cómic en Bdra Gráfica

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes asistiu ao obradoiro de cómic impartido polo creador Alfonso Barreiro Carreño, ao abeiro do Festival de Cómic Bdra Gráfica e convidados por Kiko da Silva. Canta creatividade! En pouco tempo a mesa encheuse de personaxes e historias ben divertidas! Hoxe faltounos tempo, pero habemos de volver para […]

Cata de té

“Cata de té” en laboratorio do C.S. Dietética coa catadora de tés internacionais Laura Rodríguez de TETERETA en Vilagarcía.Realizouse a cata en 2 partes, a primeira con valoración de 5 tipos de té (Blanco, azul, verde, vermello e negro) e a segunda parte realizando o ritual do té matcha xaponés.

Visita á Escola de Enxeñaría Forestal do campus de Pontevedra

O 16 de maio un grupo de 38 estudantes de 4º da ESO do noso centro participou nesta visita na que se realizaron diversas actividades na Xiloteca (unha “biblioteca” con mostras de madeira de centos de especies) e no Arboreto do Campus, onde atopamos dúcias de árbores diversas. Na Xiloteca realizamos actividades como a identificación […]

💈Aprendiendo con Adrián Campo

O noso alumnado do ciclo medio de Peiteado tivo a sorte de contar na aula con Adrián Campo @adriviibess, quen a pesares da súa xuventude, xa é para moitos un referente da barbería.  Adrián ofreceu ao alumnado unha verdadeira masterclass “a xornada completa” sobre os fundamentos básicos de corte: liñas, graduacións, seccións ou formas…. e […]

Encontro con Manuel Núñez

Hoxe, no salón de actos do noso instituto, o alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de participar nun encontro co escritor Manuel Núñez Singala, autor do libro que leron durante o terceiro trimestre. Foi unha experiencia motivadora que axudou a poñer en valor a nosa lingua e o compromiso coa súa preservación e […]

Graduación 2º Bacharelato

O pasado xoves despedímonos do noso alumnado de 2° de Bacharelato nun Acto de Graduación cheo de emoción e cariño. En compañía de profesores, familia e amizades os nosos alumnos pecharon esta importante etapa das súas vidas. Foi unha celebración con actuacións musicais, discursos de sentidas palabras, recoñecementos ao esforzo e o traballo, agradecementos sinceros, […]

Semana das Matemáticas

Durante a semana do 12 ao 16 de maio celebramos a “Semana das Matemáticas”, para a cal organizamos diversas actividades entre as que destacan os concursos de deseño dunha camiseta matemática, elaboración de figuras con Tangram e adiviñar un padrón que seguen algunhas das cifras decimais do número PI feitas con Tangram e expostas na […]

Obradoiro música tradicional

Obradorio e actuación de música tradicional co grupo de panderetearas “María Soliña” para o alumnado de 2º ESO. Moitas grazs por dedicarnos este tempo para celebrar as letras galegas 2025.

Club de lectura de FP

O pasado martes 6 de maio tivo lugar unha nova reunión do noso Club de Lectura de FP. Nesta ocasión, mergullámonos na delicada e sorprendente novela “Se os gatos desaparecesen do mundo” de Genki Kawamura. Unha historia entretida que nos deu moito xogo para reflexionar e debater: que estaríamos dispostos a eliminar do mundo se estivésemos na situación […]