O pasado xoves despedímonos do noso alumnado de 2° de Bacharelato nun Acto de Graduación cheo de emoción e cariño. En compañía de profesores, familia e amizades os nosos alumnos pecharon esta importante etapa das súas vidas. Foi unha celebración con actuacións musicais, discursos de sentidas palabras, recoñecementos ao esforzo e o traballo, agradecementos sinceros, lembranzas, humor e moita poesía. Parabéns para todos e todas e grazas por ter compartido no Frei este tramo do camiño connosco.











