O 16 de maio un grupo de 38 estudantes de 4º da ESO do noso centro participou nesta visita na que se realizaron diversas actividades na Xiloteca (unha “biblioteca” con mostras de madeira de centos de especies) e no Arboreto do Campus, onde atopamos dúcias de árbores diversas.
Na Xiloteca realizamos actividades como a identificación de especies traballando con varias mostras de entre os centos alí catalogadas. Tamén fixemos unha analise dos aneis de crecemento de diversas mostras para determinar a idade e as vicisitudes destes exemplares.
No arboreto examinamos diversas árbores e analizamos a súa forma e as características das súas follas para aprender a diferenciar especies, amáis de aprender sobre o valor de bosques e parques como fogar para diversas especies animais.
Moitas grazas pola súa acollida á Escola de Enxeñaría Forestal, a Luis e a súa compañeira, que nos guiaron nas actividades e quen xa estiveran no noso centro o día anterior para dar unha charla e preparar a visita.

