Celebración das Letras Galegas na Deputación

O grupo participante no recital poético-musical do Día do Libro asistiu a unha actividade teatral na Deputación de Pontevedra o 22 de maio. A obra, representada polo artista Serafín Marco, recreaba episodios vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas neste ano 2023, Francisco Fernández de Riego. Como se pode observar nas fotos, as […]

Visita Exposición “Desde a fiestra”

O grupo de 1º de Bacharelato de Artes do IES Frei Martín Sarmiento queremos convidarvos a visualizar a nosa exposición “Desde a fiestra”, que temos colocada na entrada do noso centro e tamén exposta no apartado de exposicións desta web. https://www.fotografiaencurs.org/ca/content/desde-fiestra-desde-la-ventana Esta actividade está enmarcada no Plan Proxecta “Fotografía en curso”. Veredes que a exposición está […]

Correlingua

Unha nova edición do Correlingua onde o noso instituto estivo representado polo alumnado de 1⁰ ESO e 1⁰ PDC. Ao berro de “Na casa, na escola, bota lingua fóra!”, preto de 1500 alumnos e alumnas procedentes de diferentes centros da comarca reivindicaron dun xeito lúdico o noso idioma. O vindeiro ano voltaremos!!!

Concurso de Fotografía Matemática 2022/23

Durante a semana do 24 ao 28 de abril celebrouse no IES Frei Martín Sarmiento a Semana das Matemáticas organizada polo Departamento de Matemáticas e coa colaboración do Departamento de Debuxo. Ao longo da semana realizáronse distintas actividades como xogos matemáticos e de inxenio nos recreos, o VII concurso de fofografía matemática, o concurso de […]

Novos cinemas e historia

O grupo de 1º de Bacharelato de Artes volveu acudir ao Teatro Principal de Pontevedra, invitado polo Festival “Novos Cinemas”.  Os rapaces e rapazas puideron ver unha orixinal e interesante película titulada “Un cielo impasible”, sobre a Guerra Civil e a Memoria Histórica, e participaron nunha rolda de preguntas ao seu director David Varela, acompañados […]

Roteiro Elas, Mulleres produtoras executivas

A pasada semana, os grupos de 4º de ESO gozaron da visualización dunha curtametraxe documental nunha actividade titulada “Roteiro Elas, Mulleres produtoras executivas”. Desfrutaron tamén da visita de dúas produtoras galegas que compartiron con grande xenerosidade, as súas experiencias traballando no sector cinematográfico e televisivo. O alumnado tivo a oportunidade de facer moitas preguntas sobre […]

Orbil Parque Boleira

Que orgullosos estamos do noso Orbil! Estavos agardando no Parque Boleira… non deixedes de ir visitalo! Grazas novamente á organización do @salondolibrodepontevedra por contar con nós un ano máis… Agardamos que o noso Orbil vos guste tanto coma a nós!

Día do Libro

O luns 24 de abril conmemoramos o Día do Libro na biblioteca do centro cun recital de poesía en todas as linguas impartidas nel: galego, castelán, francés e inglés. Tras a lectura de cada un dos textos,  escoitouse unha das súas versións musicadas. Todo o acto se acompañou coa montaxe audiovisual realizada pola profesora Esperanza […]

Asociación de Familias de Menores Trans

Hai uns días visitou o IES Frei Martín Sarmiento Cristina Palacios de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. Ao longo de tres sesión polas que pasaron alumnado da ESO, Bacharelato e FP Básica escoitaron con atención e entusiasmo a charla que levaba por título “Diversidade afectivo-sexual, igualdade de oportunidades e contra a LGTBIfobia”. Ao […]