Cata de té

“Cata de té” no laboratorio dos alumnos do C. S. Dietética coa sumiller de tés internacionais Laura Rodríguez (TETERETA Vilagarcía). A cata realizouse en dúas partes, a primeira con valoración de 5 tipos de té (branco, verde, azul, bermello e negro) e a segunda parte realizando o ritual do té co tè matcha japonés.

ORBIL

[:gl] Os artistas de 1º de Bacharelato de Artes estamos a traballar arreo dando xa os últimos retoques ao noso querido ORBIL…Dentro duns días irase de paseo á zona do Parque Boleira… Ide visitalo!      [:en]The artists of the 1st Bachillerato de Artes are working hard giving the final touches to our beloved ORBIL…In […]

Expo “A cidade é a pegada”

Iniciamos o trimestre recordando a visita que o alumnado de 1º de Bacharelato de Artes realizou á fantástica exposición “A cidade é a pegada”, da man de Alexandra R. Rey e Basilisa Fiestras, que nos fixeron de cicerones contándonos historias ben curiosas da nosa cidade. Alí puidemos gozar do contido da mostra, mais tamén da […]

Taller de Microscopio

O alumnado de 1º de CS de Dietética e CS de Laboratorio Clínico realizo un un taller de microscopio de papel co apoio da Fundación Bill e Melinda Gates. Crearon un microscopio pregable que se adapta aos teléfonos móbiles e que permite apreciar as imaxes coma nun microscopio de laboratorio. As novas tecnoloxías non deixan […]

Visita de Kiko da Silva

Visita de Kiko da Silva hai uns días, Kiko da Silva veu facernos unha visita e compartiu co alumnado de 1º de Bacharelato de Artes aspectos moi interesantes da banda deseñada e tamén da actualidade. Que experiencia tan enriquecedora! Moitas grazas Kiko… e ata cando queiras! Moitas grazas tamén ao Departamento de Normalización Lingüística por […]

Día Mundial da Auga

Onte, celebrando o Día Mundial da Auga, a Tropa do Clima, un colectivo de rapaces e rapazas dos diferentes institutos de Pontevedra, concentrouse na contorna do Río Gafos para limpar a súa beira e plantar árbores. Este ano estamos moi contentos porque son moitos os institutos que se sumaron a esta fermosa acción posta en […]

Día da Poesía

O martes 21 de marzo (Día da Poesía) visitounos a escritora Mónica García para falarnos do seu libro Biografía dun corpo (Premio Gran Angular) que leu o alumnado de 4.º da ESO. A charla foi moi amena porque falou tanto de creación literaria como de experiencias vitais das que sempre se poden extraer ensinos. Ao […]

Bdra Gráfica

[:gl] O grupo de 1º de Bacharelato de Artes asitíu á inauguración das I Xornadas de Banda Deseñada en Pontevedra, Bdra Gráfica, organizadas Kiko da Silva na nosa cidade. A data elixida, 17 de marzo, coincide coa da primeira publicación da revista TBO, e a partir deste ano pasa a ser o Día Nacional da […]

Viaxe a París

O alumnado de 3º ESO e 1º de Bacharelato de Francés está gozando moitísimo da súa viaxe a París xunto coas súas profesoras Pilar Lozano e María Bravo… e quixeron compartir con nós estas fermosas fotografías…Seguide divertíndovos… e xa nos contaredes!