A I Feira da Saúde Solidaria foi todo un éxito! 💚

Conseguimos recaudar 1.400 euros para a ONG Lotus Spain, unha cifra que fala por si soa da implicación e da solidariedade de toda a comunidade educativa. O alumnado volcouse desde o primeiro momento. O grupo de TCAE A estivo ao pé do canón na propia feira: tomando constantes, ofrecendo pautas de hixiene bucodental, falando de […]

María Santos Rodas, PREMIO EXTRAORDINARIO FP de grao superior

Desde o IES Frei Martín Sarmiento queremos felicitar con especial orgullo á nosa alumna María Santos Rodas pola obtención dun dos Premios Extraordinarios de Formación Profesional de grao superior. O seu paso polo Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar estivo marcado polo compromiso, a constancia e unha clara vocación, que foi medrando ao longo […]

Taller de hixienizado capilar para persoas encamadas

O 24 de outubro o alumnado de 2º de Peiteado e de CAE participou nun taller na Clínica 1 do IES Frei Martín Sarmiento, impartido polas profesoras Claudia Sillero e Patricia Diz. Tras unha breve explicación, o alumnado puido poñer en práctica as técnicas aprendidas, unha experiencia moi útil para a súa futura carreira profesional. […]

Rizando o Rizo

O pasado sábado Vera, Ainara, Laila, Roberto, Dani, Abel, Jorge de 2º de Peiteado e Cosmética capilar participaron nunha nova edición do encontro Rizando Rizo que organizou o concello de Pontevedra nas Galerias da Oliva. Coa axuda e supervisión da profesora Patricia Diz, ofreceron servizos de peiteado, esmaltado de uñas e corte masculino con grande […]

Rizando o rizo

Este sábado 18 o alumnado de 2° de CM de Peiteado e estilismo masculino participará no evento “A pé de rúa: Rizando o rizo”, nas Galerías da Oliva. O evento pretende impulsar o sector da barbería, o peiteado e a cosmética e outros servizos vinculados á imaxe persoal.

Visita Edugal FP

O alumnado de FP Básica de Fabricación e Montaxe, CM de Mecanizado e Peiteado e Cosmética Capilar visitou a EDUGAL en Pontevedra, o salón da oferta educativa e formativa de Galicia: ciclos formativos de FP, graos universitarios, cursos de especialización..  Una xornada moi interesante para descubrir camiños e construír o seu futuro académico e profesional!

Nova Sección Bilingüe

Nova sección bilingüe de inglés no Módulo de Cosmética Aplicada a Estética e Benestar No curso 2025-26 iniciase no IES Frei Martín Sarmiento unha sección bilingüe de inglés no Módulo de Cosmética Aplicada a Estética e Benestar, correspondente ao primeiro curso do Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar. Toda a información a continuación: Folleto informativo […]

Graduación Ciclos Formativos

O xoves 19 celebramos a graduación de ciclos formativos nun emotivo evento repleto de humor, ilusión e soños cumpridos. Os ciclos de Peiteado, Estética, Mecanizado, Laboratorio e TCAE viron recompensado o seu esforzo e dedicación ao longo desta etapa nas agarimosas palabras que recibiron das súas titoras e titores. Tamén eles agradeceron aos profes todas […]

Tendencias en recollidos

O pasado mércores 21 de Maio, o alumnado de CM Peiteado e Cósmetica Capilar asistiu da man de Fátima Bermúdez, de VMV Cosmetic Group Galicia, a unha formación de tendencias en recollidos para eventos e celebracións. Foi unha xornada de aprendizaxe que resultou moi productiva para todo o alumnado, que estivo moi atento e participativo.