Desde o IES Frei Martín Sarmiento queremos felicitar con especial orgullo á nosa alumna María Santos Rodas pola obtención dun dos Premios Extraordinarios de Formación Profesional de grao superior.
O seu paso polo Ciclo Superior de Estética Integral e Benestar estivo marcado polo compromiso, a constancia e unha clara vocación, que foi medrando ao longo da súa etapa no centro e que a levou a definir con claridade o seu proxecto profesional no ámbito da Estética e da docencia.
María representa un exemplo de superación, capacidade de reinventarse e amor pola aprendizaxe, valores que enriquecen a vida académica do noso instituto e que fan deste recoñecemento un motivo de satisfacción para toda a comunidade educativa.
Parabéns por este merecido premio e moita sorte nos novos retos que están por vir.
María Santos: “Estética iba a ser un curso puente, pero me gustó mucho más de lo que esperaba” – Diario de Pontevedra