💈Aprendiendo con Adrián Campo

O noso alumnado do ciclo medio de Peiteado tivo a sorte de contar na aula con Adrián Campo @adriviibess, quen a pesares da súa xuventude, xa é para moitos un referente da barbería. Adrián ofreceu ao alumnado unha verdadeira masterclass “a xornada completa” sobre os fundamentos básicos de corte: liñas, graduacións, seccións ou formas…. e […]
Peiteado Modular: campaña do segundo trimestre

Ao longo do segundo trimestre as alumnas de Peiteado modular fixeron varias campañas de marketing e venda, sempre a partir de materiais reciclados, que se expuxeron no vestíbulo do instituto. Nas imaxes podemos ver as campañas de San Valentín e de Entroido.
Maquillaxe no CEIP de Marcón

#AprendizaxeServizo Práctica real de Maquillaxe no CEIP de Marcón O noso alumnado de 1º curso do ciclo medio de Estética e Beleza enfrentouse a un reto real: unha práctica de maquillaxe cos nenos e nenas do CEIP de Marcón, transformándoos en adorables Avatares. Foi unha marabillosa oportunidade que lles permitiu aprender a planificar un servizo, […]
Peiteados

Marabillosos traballos das alumnas de marketing peiteados modular. Simulan a decoración do Nadal dun escaparate dun establecemento de estilismo de salón de peiteado. Son traballos de reciclaxe feitos sobre cabezas sen pelo, despois de ser utilizadas nas clases prácticas de peiteado, corte e estilismo. Cando resultan xa inservibles para traballar, convértenas en obras de arte nas que plasman os coñecementos adquiridos nos […]
Obradoiro Maquillaxe

Presentámosvos a parte do equipo do noso alumnado de Estética que durante esta semana organizou durante os recreos un obradoiro de maquillaxe de medo!!! Durante tres xornadas ensinaron a compañeiros e profes a realizar feridas e outros trucos de maquillaxe de Samaín cun acabado moi profesional. Moitas grazas equipo de 1º do CM de estética pola […]
Peiteados de película

Peitados de película creados polo alumnado de 2º CM de peiteado do FreiDe aquí aos Oscars!
Formación en Empresas

As alumnas de segundo de Ciclo superior de estética ordinario e dual recibiron unha magnífica formación teórico-práctica de últimas tecnoloxías en estética na empresa Prodipel de Lugo a cargo de Malena Eiriz e Tamara Torres.
SAMAÍN

Tras ser maquillad@s pol@s alumn@s do ciclo Medio de Estética, o alumnado do Bacharelato de Artes do noso centro actuou durante o día 31 de outubro sen descanso para que todos poideramos disfrutar dun túnel do terror deseñado e construido por eles mesmos no corredor dos talleres de mecanizado e electricidade. Moitísimas grazas a tod@s polo […]
Charla MARAIVA, cosmética natural galega

A nosa biblioteca é un espazo vivo que favorece a conexión das persoas e o descubrimento de persoas emprendedoras responsables coa nosa contorna🌱. Mariña, Alba e Iván son os creadores de Maraiva, unha marca de cosmética natural galega asentada sobre fortes valores de tradición, sentimento e sostenibilidade. Grazas por compartir co noso alumnado de FP […]
I XORNADAS DE IMAXE PERSOAL

No IES Frei Martín Sarmiento estamos moi satisfeitos/as polo resultado das “I Xornadas de Imaxe Persoal”, xornadas que daban continuidade ás que se celebraban hai 25 anos e que retomamos este ano con grande ilusión e coa pretensión de que foran de interese para o noso alumnado e tamén para o alumnado dos centros invitados.