Final del Torneo de Debate en Madrid

Hace unas semanas, mis compañeras y yo tuvimos la oportunidad de vivir una experiencia que recordaremos toda la vida. Decidimos participar en un debate económico propuesto por nuestro profesor de economía, Jose Vázquez. Su ayuda junto a la de nuestra tutora, Laura Martiñán, fue clave para el desarrollo de nuestro debate, entre otras muchas cosas […]

Claves para unha boa comunicación

O pasado mércores 11 de marzo, o alumnado participou no obradoiro Actúa, integrado no programa EduEmprende. Esta acción formativa tivo como obxectivo principal o perfeccionamento das habilidades de comunicación persoal do alumnado.Da man de Vero, a relatora da sesión, os alumnos e alumnas exploraron as claves fundamentais para a oratoria e o falar en público. […]

Finalistas no Young Business Talents!

O equipo NATURLAC, integrado por Estela Abilleira, Lía Bascoy e Mateo Méndez clasificouse para a GRAN FINAL do Young Business Talents! 🚀 Durante meses, os nosos alumnos convertéronse en auténticos directivos 💼📈, xestionando a súa propia empresa virtual e tomando decisións cruciais de márketing, finanzas e recursos humanos a través dun simulador profesional. E demostraron […]

Explorando os estudos de Formación Profesional

O alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional realizou unha interesante visita ao CIFP A Xunqueira co obxectivo de coñecer de primeira man a oferta de ciclos formativos e as súas saídas profesionais. Durante a xornada, a orientadora do centro, Cristina, guiounos polas distintas instalacións, explicando con detalle […]

Finalistas no Torneo de Debate Económico Nacional!!

O alumnado de 1º de Bacharelato clasificouse para a final do Torneo de Debate Económico, organizado polo Consello Xeral de Economistas de España, en colaboración co Banco de España, a CNMV e o Ministerio de Economía. O equipo, integrado polas nosas brillantes alumnas Lucía Blanco, Isabela Cortizo, Sandra Domínguez, Antía Fernández, Paula Gómez e Elia Ogando, realizou unha magnífica […]

Educar en Xustiza

Hoxe o alumnado de 1º de bacharelato tivo a oportunidade de asistir a diferentes xuizos do penal dentro do programa Educar en Xustiza. Agradecer ao maxistrado Miguel Aramburu García-Pintos a súa cercarnía e explicación de todas as dúbidas sobre o procedemento xudicial e a interpretación de cada un dos xuizos aos que asistimos. #DepartamentoEconomía #DepartamentoFilosofía

Conciencia fiscal e servizos públicos: Visitamos a AEAT

Hoxe, o alumnado de 4º de ESO que cursa Economía e Emprendemento) e 1º de Bacharelato que cursa Economía realizou unha saída didáctica á delegación da Axencia Tributaria. Fomos recibidos por Rebeca, quen nos ofreceu unha visión integral sobre o ciclo dos tributos. A visita non só se centrou en como se recadan os impostos, senón fundamentalmente en a onde van: […]

Visita a Inditex en Arteixo

O pasado mércores 22 tivemos o privilexio de visitar as instalacións de Inditex en Arteixo, onde puidemos descubrir de primeira man como funciona o seu modelo de negocio integrado: dende o aprovisionamento ata as tendas piloto, pasando polos departamentos de product managers, deseño, patronaxe, costura, vendas en liña, informática, recursos humanos e mesmo o estudio fotográfico […]

O equipo SUNRISE na Final do YBT

O equipo SUNRISE, integrado por Estela Abilleira, Lía Bascoy e Yossra Zendi, conseguíu clasificarse para a final nacional do Young Business Talents. O YBT é un programa no que o alumnado ten que tomar diferentes decisións sobre a xestión dunha empresa, decisións sobre produción, contratación, capacidade produtiva, publicidade, canles de distribución e outros factores que […]

Preparados para dar o salto

#EducaciónFinancieira   #PreparadosParaoSalto  #PlanEduemprendeDentro do Plan Eduemprende, o alumnado de FP e de Bacharelato do noso centro tivo a sorte de recibir a Carlota Sánchez, Coordinadora da Área de Educación Superior de //Afundación Abanca, quen impartiu unha dinámica charla chea de exemplos prácticos sobre conceptos financeiros clave para o noso día a día.  En 50 minutos […]