IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Conciencia fiscal e servizos públicos: Visitamos a AEAT

Hoxe, o alumnado de 4º de ESO que cursa Economía e Emprendemento) e 1º de Bacharelato que cursa Economía realizou unha saída didáctica á delegación da Axencia Tributaria.

Fomos recibidos por Rebeca, quen nos ofreceu unha visión integral sobre o ciclo dos tributos. A visita non só se centrou en como se recadan os impostos, senón fundamentalmente en a onde van: desde o mantemento da sanidade e as infraestruturas de transporte, ata o financiamento das forzas armadas e a seguridade cidadá.

Para ilustrar o enorme esforzo económico que supón o Estado de Benestar, Rebeca púnxonos un exemplo moi próximo: a nosa propia educación. Sorprendeunos descubrir que, aínda que para nós sexa gratuíta, unha praza de Secundaria ou Bacharelato ten un custo real duns 5.500 euros ao ano para as arcas públicas.

Unha xornada fundamental para entender que a contribución fiscal é a base que sostén todos os servizos esenciais que utilizamos a diario.

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email