Visita cultural a Madrid do 2º de Bacharelato

O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes e de Humanidades foi de visita cultural a Madrid. Que mellor maneira de aprender os contidos de Fundamentos Artísticos, Debuxo Artístico II e Historia da Arte que ir a coñecer as obras estudadas e gozalas de preto! O Museo do Prado, o Reina Sofía, o Thyssen, o Círculo de Bellas Artes, a Fundación […]
Concurso de Diseño: Camiseta Matemática

Do 15 de marzo ao 15 de abril está aberto o prazo para presentar os traballos para o concurso de deseño dunha camiseta matemática.Neste concurso, coordinado polo departamento de Matemáticas e coa colaboración departamento de Artes Plásticas, poden participar todos os membros da comunidade educativa do IES Frei Martín Sarmiento (alumnado, familias, profesorado e persoal […]
A festa do amor e da amizade no IES Frei Martín Sarmiento

O pasado venres 14 de febreiro, día de San Valentín, o grupo musical Metamorfosis deleitou cun sensacional concerto a todos os que se achegaron ao espazo Nuncaxamais. Ademáis, o alumnado do Club Atlantis preparou un fermosísimo buzón no que, durante a semana, todos os que quixeron puideron depositar as cartas de amor ou amizade que […]
Innovart

Departamento de Artes Plásticas Innovart + Exposición Tattoo O alumnado de 1⁰ e 2⁰ de Bacharelato de Artes acudiu á feira “Innovart”, de ensinanzas relacionadas coas artes, na Cidade da Cultura en Santiago. Alí acadaron información moi valiosa para o seu futuro académico. Asemade, aproveitaron para gozar da exposición “Tattoo. Arte baixo a pel”, no […]
Visita a Simultánea

O alumnado de 2º de Bacharelato de Artes acudiu a ver a exposición Simultánea, na sala de Afundación de Pontevedra. Alí desfrutaron dunha estupenda visita guiada á mostra e gozaron comunicando interesantísimas mensaxes grupais a través da linguaxe da abstracción.
Producións Mutantes

O alumnado do Bacharelato de Artes e de Debuxo Técnico recibiu a visita de Suso Novás, director de Novos Cinemas, acompañado por Gero Costas, de Producións Mutantes de Pontevedra. Gero compartiu con eles a súa experiencia desde os inicios, as dificultades que houbo de sortear e que soubo aproveitar moi ben para non deixar de […]
Festival Novos Cinemas

O alumnado de 1º e 2º de Bacharelato de Artes achegouse unha vez máis ao Teatro Principal para gozar dunha sesión de cine programada, para eles, polo Festival de Novos Cinemas de Pontevedra. A película resultou francamente interesante e o coloquio posterior con Suso, permitiu afondar moito máis en todos os aspectos tratados no filme. […]
Tendas con historia (s)

O obxectivo desta exposición é valorar a importancia dos establecementos históricos nas cidades como Pontevedra, os cales, contribúen a conformar o seu carácter e particularidade. O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes do curso pasado, na materia de Proxectos Artísticos, achegouse a coñecer de primeira man as experiencias laborais e vitais das persoas que […]
Despedida de curso co Club de Manga

Para festexar o último día de curso, o alumnado do Club de Manga Atlantis organizou un obradoiro de xogos para todo a rapazada de 1º, 2º e 3º de ESO. En diferentes espazos do centro explicaron as regras básicas para aprender a xogar a “Dragóns e Calabozos” e a “Magic”, e tamén houbo un taller […]
Concerto en Nuncaxamais

Este ano, no IES Frei Martín Sarmiento, púxose en marcha un proxecto para o lecer nos recreos nun espazo moi especial chamado Nuncaxamais. Desde o primeiro momento quixemos que fora un centro de reunión para os rapaces e rapazas con ganas de pasalo ben, facendo cousas como tocar instrumentos, xogar a xogos de mesa, ler, […]