32ª Bienal de Pontevedra

A pasada semana o alumnado de 1° e 2° de Bacharelato de Artes Plásticas xunto coas profesoras do Departamento Belén, Andrea e Tatiana disfrutaron da visita guiada á 32ª edición da Bienal de Pontevedra. Baixo o lema ” Volver a ser humanos. Ante a dor dos demais” as obras que alí se presentan tratan de […]
De Eva a Maruxa

O pasado día 17 de xuño ás 11:30h, na Praza de Abastos de Pontevedra, tivo lugar a inauguración da exposición colectiva organizada polo Concello de Pontevedra e titulada “De Eva a Maruxa”, na que participamos xunto con varios centros de Pontevedra. A nosa aportación consiste nun estudo sobre a obra de “Mulleres fotógrafas”, abordado desde […]
Visita á Fundación Manuel Moldes

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes visitou esta semana a exposición Camaradas, na Fundación Manuel Moldes. Alí foron moi ben recibidos pola familia do célebre pintor pontevedrés e guiados marabillosamente por Guillermo Aymerich, amigo de Moldes. Nesta exposición, os estudantes puideron coñecer a obra do afamado artista xunto coa doutros compañeiros e amigos da mesma xeración. […]
Celebración do Día do Libro

Hoxe queremos recordar que para a celebración do Día do Libro, a Biblioteca do Instituto, en colaboración co Departamento de Artes Plásticas, organizou un obradoiro coa ilustradora e libreira Alba Blanco. Os destinatarios foron o alumnado do Club Atlantis e algúns alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato de Artes.Neste taller, Alba explicou […]
Taller de cómic en Bdra Gráfica

O alumnado de 1º de Bacharelato de Artes asistiu ao obradoiro de cómic impartido polo creador Alfonso Barreiro Carreño, ao abeiro do Festival de Cómic Bdra Gráfica e convidados por Kiko da Silva. Canta creatividade! En pouco tempo a mesa encheuse de personaxes e historias ben divertidas! Hoxe faltounos tempo, pero habemos de volver para […]
Olimpiada de Creatividade

O pasado mércores , 30 de abril dous grupos de alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Artes participaron, xunto con outros centros de Galicia, na I Olimpiada de Creatividade organizada pola Universidade de Vigo, acadando o 1º e o 3º premio. Moitos parabéns Victoria , Diego, Eider, Mayela e Alba por ese 1º […]
Aprendemos a

Querémosvos invitar a escoitar o Podcast “Aprendemos a”, creado polo alumnado de Proxectos Artísticos de 1º de Bacharelato de Artes, coa coordinación de Arantza Pardo. A través das entrevistas realizadas a persoeiros moi relevantes en diversos aspectos da arte actual, os estudantes puideron coñecer de primeira man os engrenaxes deste fascinante mundo, aprendendo a editar, […]
Intervención artística de Orbil

Un ano máis, o alumnado de 1⁰ de Bacharelato de Artes da materia Proxectos Artísticos, fixo a intervención artística do Orbil. Despois de idear varias propostas, a elixida foi a de Victoria Sofía Padín Peña, que se encargou de coordinar o traballo dos seus compañeiros. Que vos parece o resultado?Para sentirse orgullosos… non é? Parabéns […]
As Neves

O luns 31 de marzo o alumnado de 1°Bacharelato de Artes asistiu á proxección da película “As Neves” e posterior coloquio cunha das protagonistas e coa directora do filme Sonia Méndez, que animou á rapazada a ver e valorar a produción audiovisual feita en Galicia e en galego.
O Club Atlantis visita o Salón

O alumnado do Club Atlantis acudíu ao Salón do Libro a un encontro co debuxante Alexadre Senande, coautor do libro “Sentinelas da Lúa Carmesí”.Que fantástica xornada! as preguntas e intercambios de ideas non paraban de fluir, nunca conversa que agardamos que se poida repetir nun futuro non lonxano…Non lles chega o momento de ler o […]