IES FREI MARTÍN SARMIENTO

Aprendemos a

Querémosvos invitar a escoitar o Podcast “Aprendemos a”, creado polo alumnado de Proxectos Artísticos de 1º de Bacharelato de Artes, coa coordinación de Arantza Pardo.

A través das entrevistas realizadas a persoeiros moi relevantes en diversos aspectos da arte actual, os estudantes puideron coñecer de primeira man os engrenaxes deste fascinante mundo, aprendendo a editar, gravar, escribir guións, entrevistar, deseñar logotipos, manexar as redes sociais, etc.

Queremos agradecer a Lúa Gándara, Carla Andrade, Almudena Fernández Fariña, Ruth Montiel Arias, Carlos Fer, Blanca Millán, Gonzalo Veloso, Jorge Couceiro e Anxo Lorenzo pola súa xenerosidade compartindo o seu saber e experiencia connosco.

Agradecemos e felicitamos a Arantza por conseguir que todo isto fora posible.

Esperamos que gocedes do Podcast tanto coma nós!

Instagram

Facebook
Twitter
LinkedIn
WhatsApp
Email