Finalistas InnovaTech

Parabéns ao noso alumnado de FP Estela, Andrea, Pablo e Iago, que veñen de resultar equipo finalista do RETO 6 plantexado pola Fundación SanRosendo nesta 3ª edición do programa InnovaTech FP.  Tamén queremos felicitar e agradecer a todos os equipos do noso centro que participaron nesta edición. Porque detrás de cada proposta hai esforzo,aprendizaxe e moito crecemento.  Moita sorte equipo no paso á fase final. Disfrutade moito !!!

Aprender a emprender dun xeito divertido!

Enmarcada dentro do programa Eduindustria, o noso alumnado de 1º do CM de Mecanizado participou dunha xornada onde superaron retos propios do emprendemento e aprenderon novos conceptos de planificación empresarial. #Eduemprende #Aprenderaemprender

Xornadas de Primeiros Auxilios no IES Frei Martín Sarmiento

O pasado luns 27 de outubro celebramos unhas completas e moi enriquecedoras xornadas de Primeiros Auxilios, organizadas polo Departamento de FOL e dirixidas a todo o alumnado de 1º curso de FP. A actividade foi impartida polos técnicos de ASGATE, aos que queremos agradecer de corazón a súa dedicación, profesionalidade e bo facer.  Un agradecemento moi especial a Alfredo, pola súa entrega […]

Visita Edugal FP

O alumnado de FP Básica de Fabricación e Montaxe, CM de Mecanizado e Peiteado e Cosmética Capilar visitou a EDUGAL en Pontevedra, o salón da oferta educativa e formativa de Galicia: ciclos formativos de FP, graos universitarios, cursos de especialización..  Una xornada moi interesante para descubrir camiños e construír o seu futuro académico e profesional!

Visita Pont-Up Store 2025

O alumnado de 2º dos ciclos de FP do IES Frei Martín Sarmiento gozou dunha xornada chea de inspiración na @pontupstore de Pontevedra. Nesta nova edición da feira de emprendemento da nosa cidade tivemos a oportunidade de conversar con persoas emprendedoras, coñecer proxectos innovadores e encher as nosas mochilas de ideas e aprendizaxes para o […]

Visita FP Aluminios Cortizo EduTecEmprende

O pasado 19 de xuño, alumnado dos ciclos de Mecanizado e Instalacións Eléctricas do noso centro realizou unha visita guiada polas instalacións de Aluminios Cortizo onde puideron coñecer de primeira man os diferentes procesos industriais desta empresa referente no sector do aluminio, así como descubrir oportunidades de formación e emprego neste ámbito.  Moitísimas grazas á empresa, e especialmente a […]

Visita aos Xulgados do Social de Pontevedra

O pasado luns 24 de marzo, o alumnado de IPE de 1º do ciclo medio de Estética e 1º do ciclo superior de Laboratorio do IES Frei Martín Sarmiento tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento da xustiza social. A xornada comezou cunha acollida por parte da maxistrada Sandra Iglesias, quen nos explicou como operan os tribunais […]

V Edición do Concurso de Maquetas

Compartimos con todos vós este vídeo presentación da V Edición do Concurso de Maquetas dos proxectos de empresa desenvolvidos polo noso alumnado de 2º curso de ciclos formativos no módulo de Empresa e Iniciativa Emprendedora. Parabéns a todos os participantes e gañadores polas vosas habilidades demostradas, unha chea de creatividade, innovación social e traballo en equipo que nos […]

Preparados para dar o salto

#EducaciónFinancieira   #PreparadosParaoSalto  #PlanEduemprendeDentro do Plan Eduemprende, o alumnado de FP e de Bacharelato do noso centro tivo a sorte de recibir a Carlota Sánchez, Coordinadora da Área de Educación Superior de //Afundación Abanca, quen impartiu unha dinámica charla chea de exemplos prácticos sobre conceptos financeiros clave para o noso día a día.  En 50 minutos […]

Asociación ASGATE

Esta semana, todos os ciclos formativos do noso centro tiveron a oportunidade de participar nunha formación moi especial sobre técnicas de primeiros auxilios, impartida como todos os anos pola asociación ASGATE.  Grazas de corazón aos voluntarios de ASGATE pola súa implicación e profesionalidade. É unha sorte contar con persoas tan dedicadas e dispostas a compartir […]