O pasado luns 24 de marzo, o alumnado de IPE de 1º do ciclo medio de Estética e 1º do ciclo superior de Laboratorio do IES Frei Martín Sarmiento tivo a oportunidade de coñecer de primeira man o funcionamento da xustiza social.
A xornada comezou cunha acollida por parte da maxistrada Sandra Iglesias, quen nos explicou como operan os tribunais do social e a importancia dos convenios colectivos para defender os dereitos laborais. Ademais, destacou os pasos a seguir para facer valer estes dereitos pola vía xudicial.
Tamén tivemos a sorte de contar coa intervención dun letrado do FOGASA, que nos falou sobre o papel fundamental deste organismo na protección dos traballadores en situacións de insolvencia empresarial.
Para completar a visita, o alumnado puido acceder a unha sala do Penal, os calabozos e a sala de identificación, descubrindo así distintos espazos do mundo xudicial.
Unha experiencia moi enriquecedora e práctica para o noso alumnado!
#FOL #XustizaSocial #DereitosLaborais #IESFreiMartínSarmiento #AprenderFóraDaAula






