Correlingua

Unha nova edición do Correlingua onde o noso instituto estivo representado polo alumnado de 1⁰ ESO e 1⁰ PDC. Ao berro de “Na casa, na escola, bota lingua fóra!”, preto de 1500 alumnos e alumnas procedentes de diferentes centros da comarca reivindicaron dun xeito lúdico o noso idioma. O vindeiro ano voltaremos!!!
Asociación de Familias de Menores Trans

Hai uns días visitou o IES Frei Martín Sarmiento Cristina Palacios de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. Ao longo de tres sesión polas que pasaron alumnado da ESO, Bacharelato e FP Básica escoitaron con atención e entusiasmo a charla que levaba por título “Diversidade afectivo-sexual, igualdade de oportunidades e contra a LGTBIfobia”. Ao […]